O colaborador de badalnovas Manuel Herminio deixanos este artigo

Dende Seixo-Albo
Cando chegan as datas sinaladas no calendario e os anos xa pesan semella moi complexo fuxir dos recordos, polo que as imaxes volven á retina e as comparanzas fanse unha obriga. A vida dos humanos está sempre rexida polo calendario e os acontecementos que xorden día a día. Vivimos nunha sociedade que é viva e que non é estática nin inmutabel, polo que que falar de que calquera tempo pasado sempre pode entenderse que foi mellor co presente, pode levarnos ó engano, dado que non podemos vivir a contracorrente ou a destempo do prsente. Sinalei que cada época ten as súas características e os seus problemas. Mais ollar as diferencias sen caer no tópico de que volver a eses tempos, entendo que é cousa boa para comparar como se vivía coa realidade actual. Contar como era tal ou cal asunto pode facerlles ver os nosos descendentes, sobor de todo ós máis novos, cousas que eles descoñecen pra que entendan e perciban a evolución que houbo dende os anos sinalados.
O xornal La Región nas súas páxinas lémbranos cada día moitos acontecementos que pasaron nesta cidade e provincia en datas que quedan atrás. Ben, pois eu quero contarlles ós máis novos como era á Semana Santa cando eu era rapaz. Primeiro: a semana tiña unha preparación que xa comezaba con aquelo de non poder comer carne e de gardar abstinencia os venres de toda a coresma. Polo que as frebas e o touciño do porco estaban vetados aquel día. Dicía o cura dende o púlpito que, se non se cumpría aquel mandato, era un pecado mortal. Chegado o xoves e o venres santo, no rural polas mañás, traballábase nos eidos sementando as patacas, e outras faenas do campo. E pola tarde íase ós oficios na igrexa do lugar. As igrexas tiñan os santos tapados cunhas teas moradas e os actos, entre eles o Via Crucis, eran seguidos por moita xente, pois no rural daquela, era moi raro que se falara de vacacións. As emisoras de radio, pois a tele aínda non existía, emitían música clásica ou seria, cuestión que para min era moi interesante pois gustábame moito, mais para a maioría era moi aburrido.



OS MELLORES ESTABLECEMENTOS
Na cidade, os locais de lecer estaban pechados e os cines emitían películas de carácter relixioso. Logo viñan as procesións un tanto tristeiras, pois ós máis novos metíannos moito medo aquelas comitivas un tanto escuras nas que ían en ringleira xentes de negro xunto ás autoridades políticas. Logo ían desfilando os soldados coas armas mirando ó chan. Todo era moi triste e medoñento. Na casa dicían que ate que resucitara Xesús había moita tristura e pena e non se podía cantar. Na miña retina aínda están vivas as imaxes do Cristo e a virxe María levadas polos homes cantando aquelo de: “Perdona a tu pueblo señor…” Polo que a chamada Semana Santa no rural era moi diferente ó que acontecía na cidade. O rural daquela era un mundo moi distinto o de hoxe. E nas aldeas e pobos a vida guiábase por outros camiños distintos ós da cidade. Pois ben, hai moitos mais detalles que podería sinalar. Mais pasados moitos anos e vendo o que acontece na sociedade de hoxe, percíbese un cambio radical que vai máis alá dunha cuestión estética. Vai dun modo de vida. Pois hoxe, falar de Semana Santa, implica falar de folclorismo que as veces semella un tanto excesivo; implica falar de viaxes, lecer e ir de vacacións. Ademais significa unha teatro ás veces esaxerado, onde a estética vai na procura de atraer ós turistas, polo que camiña por riba da relixiosidade. Hoxe nas aldeas e pobos, onde as terras maiormente están en ermo; onde as campás xa non se escoitan pois non hai quen as toque, onde a maioría da xente vai de visita a moitos lugares de espallamento pra coñecer horizontes todo esmorece. A vida social que se daba naqueles anos perdeu peso. E as igrexas onde antes non se collía hoxe están medias baleiras. A día de hoxe a xuventude xa non atopa atractivo nos ritos que ali se fan. Estamos noutro tempo. A sociedade industrial e os avances técnicos nas comunicacións trouxeron outro modelo de vida que xa non está polo sufrimento permanente para acadar a vida eterna. Pois todos queremos vivir o presente. Polo que a relixión pasou a un segundo plano nunha sociedade moi secularizada. Hai moitos máis detalles que nos darían un debuxo máis exacto daquela sociedade de hai máis de 50 anos. Mais estes poden ser uns apuntes que marcan a diferencia do que era aquela sociedade e do que é no presente. En fin, que cada quen quite as súas conclusións.



OS MELLORES ESTABLECEMENTOS
Outros artigos de Manuel Herminio Iglesias
A opinión de Manuel Herminio: “Adeus a Revolución Cubana”
A opinión de Manuel Herminio: “Patriotas de bandeira”
A opinión de Manuel Herminio: “Cuba na encrucillada”
A opinión de Manuel Herminio: “Quixemos cambiar o mundo…”
A opinión de Manuel Herminio: “O mundo ten alzheimer?”
A opinión de Manuel Herminio: “A faciana agochada dos deuses”
A opinión de Manuel Herminio: “A lei do máis forte”
A opinión de Manuel Herminio: “A velocidade como meta”
A opinión de Manuel Herminio: “Ás portas do Nadal lembrando a Marcos”
Agochar o que non gusta da historia
Licenciado pola universidade da vida
A deshumanización da sociedade
Tiranos con facha de demócratas
Pode arredarse música e cultura da política?
Nas mans de ególatras e imperialistas
Soamente unha visión: a económica
O insulto no canto do argumento
Tempo de charlatáns e predicadores
Non todo vale pra acadar o poder
Ditadores coa faciana de demócratas
A opinión de Manuel Herminio: “Enfurruñados ou riquiños”
Quen fala dos problemas desta terra?
Asaltar o ceo contra o pracmatismo
A fantasía e o consumismo no Nadal
Feijoo e as maiorías absolutas
Descoñecen o que berran e chantean?
Lavándolle a faciana a extrema dereita
Moita enerxía sen rentabilidade
Ourense: Sen obxectivos nin proxectos
Ourense, por riba das ideoloxías
Vandalismo, botellóns e desleixo
Dúas maneiras de actuar na política
Lembrades a democracia organica?















