O colaborador de badalnovas Manuel Herminio deixanos este artigo

Dende Seixo-Albo
Vivimos dende hai moitos anos en democracia e aínda que esta nunca esta é perfecta, pois sempre hai chatas e xentes que din que isto é unha ditadura, o certo é que podemos estar orgullosos de desfrutar de moitas liberdades das que, os máis maiores, non gozamos antes da transición de 1976. Máis pensando ben, o réxime democrático ten moitas debilidades, pois permítelles ós que loitan contra a democracia ter unha serie de vantaxes que nas ditaduras eles lles prohiben ó conxunto dos cidadáns.
Nestes últimos tempos están a chegar ó poder persoas que por teren moita labia dinlle ós cidadáns o que eles queren ouvir; prometen o imposibel, aínda que despois todo o que fan deixa ás claras que o que comprometeron foi unha gran mentira. Todo unha farsa. Exemplos hai moitos pois deixaron escola do que son as grandes manipulacións. Mais a día de hoxe hai dous persoeiros que me chaman moito a atención. Un foi o caso do finado Fidel Castro que chegou ó poder pra derrubar a un ditador e instaurar unha democracia, logo fixo todo o contrario, pois impuxo unha ditadura comunista sen preguntarlle ós cidadáns si eso era que querían.
Hai uns días o goberno cubano anunciou que liberará a 2000 presos, a maioría comúns, das cadeas da illa, deixando dentro ós que eles chaman disidentes ou políticos. Este anuncio pon en evidencia ós sectores que se sitúan á esquerda do PSOE, pois sempre defenderon ó réxime dos Castro e negaron que fora unha ditadura.
Outro exemplo é o do ególatra e narcisista Donald Trump que, con moita labia, hoxe trae ó mundo de cabeza. Este supremacista e aspirante a ditador, está a facer todo o contrario do que prometeu. Dixo que non metería os EE.UU. en novas guerras, e xa vemos nas leas que anda. Polo que pretende ser un rei do mundo sen coroa. Ben sei que hai máis deste tipo de persoeiros ciscados polo mundo facendo das súas. Xente con moi poucos escrúpulos que aspiran a controlar o planeta e as persoas que nel vivimos.
Dixen ó comenzo que a democracia é un réxime moi débil, que ten moitas fisuras pra ser atacada dende dentro polos que queren desfacela. Que hai xente con moita labia que engana ás masas dicíndolle o que lles gusta escoitar, e que logo, subidos ó poder, fan todo o contrario do que prometeron. As xentes que vivimos en democracia, moitas veces entramos na dinámica destes charlatáns que sempre falan de baixar impostos, cando sabemos que o estado de benestar ten que nutrirse dalgunha maneira si é que queremos ter bos servizos públicos.
Os dous exemplos que sinalei poden valernos pra reflexionar e non crerlle a estes apóstolos que ofertan o ouro e o mouro. Pois son a representación do esperpento máis sonoro que podíamos maxinar. Si, un esperpento onde a realidade supera á ficción. Ver o presidente dos Estados Unidos rodeado de predicadores que lle piden a Deus que lle de forza pra saír vitorioso dunha guerra que el provocou, lévame a lembrar os tempos das cruzadas nas que a relixión era o estandarte e a xustificación da confrontación.
Ver como o israelí desfai casas e mata a xente ou promulgan leis de axustizamento para os palestinos, mentres para os israelís son moito mais suaves, mete medo e sinala a catadura moral desta xente. Vivimos tempos nos que debido á tecnoloxía, a manipulación das masas mediante a palabra e a adulteración de imaxes, ditos e noticias falsas lévanos a un mundo programado e gobernado polos donos desas grandes plataformas que o emporcan todo co único obxectivo de facerse moito máis ricos.
En fin, a democracia é un réxime que ten moitas virtudes, e que soamente cando se perde e chega a ditadura, decatámonos do bo que é vivir nel. Así que ollo con toda esta xentiña que prometen o que logo non farán. Mellor, que prometen unha cousa e logo fan a contraria.



OS MELLORES ESTABLECEMENTOS
Outros artigos de Manuel Herminio Iglesias
A opinión de Manuel Herminio: “Hai 50 anos e pico…”
A opinión de Manuel Herminio: “Adeus a Revolución Cubana”
A opinión de Manuel Herminio: “Patriotas de bandeira”
A opinión de Manuel Herminio: “Cuba na encrucillada”
A opinión de Manuel Herminio: “Quixemos cambiar o mundo…”
A opinión de Manuel Herminio: “O mundo ten alzheimer?”
A opinión de Manuel Herminio: “A faciana agochada dos deuses”
A opinión de Manuel Herminio: “A lei do máis forte”
A opinión de Manuel Herminio: “A velocidade como meta”
A opinión de Manuel Herminio: “Ás portas do Nadal lembrando a Marcos”
Agochar o que non gusta da historia
Licenciado pola universidade da vida
A deshumanización da sociedade
Tiranos con facha de demócratas
Pode arredarse música e cultura da política?
Nas mans de ególatras e imperialistas
Soamente unha visión: a económica
O insulto no canto do argumento
Tempo de charlatáns e predicadores
Non todo vale pra acadar o poder
Ditadores coa faciana de demócratas
A opinión de Manuel Herminio: “Enfurruñados ou riquiños”
Quen fala dos problemas desta terra?
Asaltar o ceo contra o pracmatismo
A fantasía e o consumismo no Nadal
Feijoo e as maiorías absolutas
Descoñecen o que berran e chantean?
Lavándolle a faciana a extrema dereita
Moita enerxía sen rentabilidade
Ourense: Sen obxectivos nin proxectos
Ourense, por riba das ideoloxías
Vandalismo, botellóns e desleixo
Dúas maneiras de actuar na política
Lembrades a democracia organica?

















