Hai uns días a señora Ursula Von der Leyen asinou un acordo comercial co narcisista e ególatra, mellor co neofascista que algúns queren propoñer para o Nobel da paz, e que é o presidente dos EE.UU. A vella Europa, segundo algúns mandatarios dos estados integrados. asume unha baixada de pantalóns diante as aspiracións deste Ianqui neto de emigrantes e que xa actúa como un sátrapa.. Dende que chegou este mandatario ó poder, e despois de escoitar as súas pretensións e bravatas, os dirixentes da UE semella que asumen con certa resignación unha boa parte das súas políticas, e achántanse diante a súas ameazas. Co que a tan cacarexada idea de colocar a Europa como unha potencia económica que negocie en pé de igualdade coas demais potencias mundiais, despois deste acordo, queda moi debilitada. O Trumpismo dende que aterrou por segunda vez, trocou e anulou boa parte das leis internacionais é está a levar o mundo a unha situación de dimensións descoñecidas. Este mundo de hoxe xa non é o de antes de chegar este estirado e presuntuoso persoeiro á Casa Branca. Si despois da segunda guerra mundial se acordaron importantes leis e principios que eran asumidos pola gran maioría dos estados da orbe, na actualidade moitos dos principios que recollían esas leis esborralláronse e caeron ó chan como se fosen castelos de naipes. E co actual panorama mundial son moitas as preguntas que os cidadáns cada nova xornada nos facemos. Non poucas veces penso que ós réximes democráticos teñen moitas debilidades. Pois cando se asenta entre os cidadáns un populismo que soamente ten como obxectivo falar do que lle gusta á xente e engaiolar a esas masas tocándolle a fibra do sentimento, e pola contra actua agochando as verdadeiras intencións, caer nesa trampa é moi sinxelo. Logo veñen as sorpresas que, xeralmente, van contra esas masas de votantes que non ven máis alá da súa propia sombra. A vella Europa unida que soñou Robert Shuman, na actualidade, ten dentro da súa estrutura voces discrepantes que aceptan e miran cara o déspota americano aceptando de bo grao os seus mandatos. E no noso estado son a dereita extrema e seguíndolle ós pasos os populares. Vivimos nun tempo onde un señor actúa como se fose o rei do mundo. Un rei sen coroa que se semella un abusón de patio de colexio; que trata os demais pobos e xentes soamente dende o principio dos intereses económicos e que ten unha falta de humanidade que a todos nos arrepía. Un señor que pasa polo arco das súas entrepernas as leis actuais americanas e que xa soña con modificar esas leis pra volver presentarse á reelección. Hai uns días un mozo nunha cadea de TV dicía: a única esperanza que teño é a do partido da extrema dereita, pois é o que me pode dar traballo. Pois si: supoño que aceptará de bo grao currar nos invernadeiros do levante por soldos moi cativos. E seguro que tamén é dos que din que os emigrantes lle quitan o traballo. O mundo, este mundo onde vivimos, ó revés camiña e faino sen que milleiros de persoas teñan a conciencia de que ameazan tempos escuros. Esta España que derrubada a constitución de 1812 e aclamou a Fernado VII, chamado o desexado, e que foi un déspota que instaurou de novo a inquisición. Esta terra na que despois de derrubar á II república sufriu ós militares que trouxeron 40 anos de ditadura, agora apoia unha conxura pra derrubar a quen goberna sen que os propoñentes fagan ningunha proposta do que se farán dende o poder. E asiste atónita a un espectáculo triste e escuro cando insulta ó presidente chamándolle fillo de puta. De pena. En fin: aínda que pareza un sin sentido, xa temos no mundo mandando a un rei sen coroa e partidos deste noso Estado aplaudíndolle.
Manuel Herminio Iglesias
Outros artigos de Manuel Herminio Iglesias
Licenciado pola universidade da vida
A deshumanización da sociedade
Tiranos con facha de demócratas
Pode arredarse música e cultura da política?
Nas mans de ególatras e imperialistas
Soamente unha visión: a económica
O insulto no canto do argumento
Tempo de charlatáns e predicadores
Non todo vale pra acadar o poder
Ditadores coa faciana de demócratas
A opinión de Manuel Herminio: “Enfurruñados ou riquiños”
Quen fala dos problemas desta terra?
Asaltar o ceo contra o pracmatismo
A fantasía e o consumismo no Nadal
Feijoo e as maiorías absolutas
Descoñecen o que berran e chantean?
Lavándolle a faciana a extrema dereita
Moita enerxía sen rentabilidade
Ourense: Sen obxectivos nin proxectos
Ourense, por riba das ideoloxías
Vandalismo, botellóns e desleixo
Dúas maneiras de actuar na política
Lembrades a democracia organica?