Manuel Herminio: “A velocidade nas nosas vidas”

----------------------------------------------------------------------------------------------------------

O colaborador de badalnovas Manuel Herminio deixanos este artigo


Dende Seixo-Albo

----------------------------------------------------------------------------------------------------------

A triste nova da morte dun neno esquecido polo seu pai dentro dun coche fíxome matinar sobre o ritmo de vida que levamos, pois segundo din os medios informativos o pai recibiu unha chamada da empresa onde traballaba e iso fixo que fora axiña ó  seu traballo, esquecéndose de levar á gardería ó menor que estaba dentro do coche. Esta desgraciada axudoume a pensar  que, nos tempos que vivimos, estamos cada vez máis presos do reloxo e da velocidade, o que lévanos a cometer erros fatais como o relatado.  Estamos atados  a un ritmo de vida, a vivir nun continuo  desasosego que non nos deixa reflexionar nin pensar se este  forma de existir é o mellor, ou se pola contra baixando o ritmo desta carreira seríamos máis felices.

Facendo un chisco de memoria, recordo cando as campás da catedral desta Auria e a sirena da fundición do Malingre marcaban a vida horaria da cidade e dos arredores.  Non direi que foron tempos mellores, pero si máis tranquilos. Aínda que en Seixalbo xa había un reloxo público dende o 2018, era moi común escoitar a xente que traballaba nos eidos comentar: xa é a unha, tocou a sirena do Malingre, hai que ir xantar. Cos anos os tempos foron mudando  e xa cos reloxos no pulso afinamos máis na precisión das horas e comezamos a camiñar máis de presa. Son as e vinte pasadas… hai que apurarse que non chegamos. 

A chegada da industrialización  e as melloras nas comunicacións foron animando  as reclamacións pra mellorar os servizos públicos, mais iso  levounos  a falar de minutos e segundos e de velocidade.  E as esixencias na puntualidade en case todo o que facemos instalouse nas nosas vidas. Tanto é así que,  a día de hoxe, axiña protestamos porque aquel servizo chega dous minutos máis tarde do estipulado. Isto que parece unha mellora que todos reclamamos, lévanos a non ter tempo para o sosego e menos para pensar se esta maneira de vivir é a máis acaida para a existencia como seres humanos.

Na actualidade nos fogares os dous membros da familia traballan, e moitas veces a conciliación resulta case imposibel. Polo que os fillos medran na gardería ou a cargo doso avós. Os pais teñen que traballar pra manter un nivel de vida acorde cós  tempos e que moitas veces non chega para os gastos do fogar.  E con ese ritmo frenético da sociedade actual unha serie de valores que se transmiten de pais a fillos están quedando un tanto esquecidos.

Non hai tempo pra falar cos teus. Nas casas, á hora do xantar xa non hai conversas, a tele ou a radio non o permiten. Tampouco se fala  e moitas familias non xantan xuntos, o traballo dos dous non o permite. E deste xeito os  valores e o saber  xunto a experiencia dos máis maiores  xa non é posibel prestarlle atención. 

Hai uns días falábase dun tren de máis de 350 km hora, ou que axiña haberá coches que circulen á moita máis velocidade que os de hoxe. Mentres,  desta maneira, seguimos un ritmo de vida baseado nun  consumismo sen freo e camiñamos cada vez máis presos do reloxo e da velocidade en case todo. Polo que  as preguntan asaltan a moita xente. ¿Cara onde camiña unha sociedade que non deixa espazos para a reflexión ou que nos obriga a unha vida estresante? Canto tempo aguantaremos este paso tan vivo? O mellor,  esta maneira de entender a existencia está pensada pra que non pensemos ni reflexionemos, mentres  tanto uns cantos pensen por nós e desa maneira pódenos  manexar  o  seu antollo. Estas son preguntas que merecen unha resposta.

En fin, a desgracia que sinalei o comezo,  pode que soamente  sexa unha coincidencia, un caso illado. Con todo non estría por demais que  pensemos se imos polo camiño correcto  ou imos a esnafrarnos  con tan de presa e tanto mirar para o reloxo. 


OS MELLORES ESTABLECEMENTOS



Outros artigos de Manuel Herminio Iglesias

A opinión de Manuel Herminio: “Raigame: algo máis que  unha romaría”

A opinión de Manuel Herminio: “A manipulación  das masas”

A opinión de Manuel Herminio: “Hai 50 anos e pico…”

A opinión de Manuel Herminio: “Adeus a Revolución Cubana”

A opinión de Manuel Herminio: “Patriotas de bandeira”

A opinión de Manuel Herminio: “Cuba na encrucillada”

A opinión de Manuel Herminio: “Quixemos cambiar o mundo…”

A opinión de Manuel Herminio: “O mundo ten alzheimer?”

A opinión de Manuel Herminio: “A faciana agochada dos deuses”

A opinión de Manuel Herminio: “A lei do máis forte”

A opinión de Manuel Herminio: “A velocidade como meta”

A opinión de Manuel Herminio: “Ás portas do Nadal lembrando a Marcos”

Venres negro

Frases  con moita retranca

A lei do péndulo

Seica mentir  non é delito

Non chove auga…

Camiñar na ambigüedade

Agochar o que non gusta da historia

Arredor dos incendios

O rei do mundo

Licenciado pola universidade da vida

A deshumanización da sociedade

Unha parte non é o  todo

Tiranos con facha de demócratas

Españoles decentes

Pode arredarse  música  e cultura da política?

Mover ficha

Falar coas máquinas

Nas mans de ególatras e imperialistas

O mundo ó revés

A guerra como negocio

Soamente unha visión: a  económica

Aumentar o espazo vital

Venezuela

Tempo de Nadal

Atados á Utopía

Ourense e a enerxía eléctrica

Cuniupuyara

O insulto no canto do argumento

Os Bacelos de Prata 2024

Vivir no Rural

Catalunya: Un tempo novo

Algo cheira a podre

Pasarse de voltas

Tempo de charlatáns e predicadores

Haberá moción de censura?

As recetas da motoserra

Adeus á independencia

Non todo vale pra acadar o poder

A noria do tempo

Ditadores coa faciana de demócratas

Amarrado polos ovos

Unha cantiga sin alma

A opinión de Manuel Herminio: “Enfurruñados ou riquiños”

Quen fala dos problemas desta terra?

Asaltar o ceo contra o pracmatismo

Volve o tempo das promesas

Aquelas pequenas cousas

A fantasía e o consumismo no Nadal

Feijoo e as maiorías absolutas

Tempo de Magostos

Coidado cos salvapatrias

Descoñecen o que berran e chantean?

Achegarse á España real

Lavándolle a faciana a extrema dereita

A Resaca Electoral

O puzle ourensán

Música de calidade

As licencias dos quen mandan

Pacto cós ourensás

Moita enerxía sen rentabilidade

Xente sinxela

Os que pasan á historia

A Aposta Galeguista

Fun cantando

Nin Música nin Letra

Un home feito de cartos

Tempo de lecer e refexión.

As leiras a ermo

A longa sombra da corrupción

Erro Histórico

Llegó la mami….

Un crego de parroquia

Ourense: Sen obxectivos nin proxectos

e Ourense, existe?

O Nadal da Saudade

Unha area no zapato

Serrat e os cantautores

As incertezas na aldea global

Ourense, por riba das ideoloxías

O importante é a pasta

Sos Ourense!!!

Ourense cara un ermo cultural

Vandalismo, botellóns e desleixo

Na procura da felicidade

Dúas maneiras de actuar na política

Tinte galeguista

Abrindo un novo camiño

Lembrades a democracia organica?

Actuar en manada

Os refráns na política

As miserias na política

De xeonllos e pedindo perdón

Culturetas de ….

Arroutadas

PUBLICIDADE---------------------------------------------------------------------------------------------------