O colaborador de badalnovas Manuel Herminio deixanos este artigo

Dende Seixo-Albo
A visita de León XIV significou un chute de ledicia e de enerxía polas verbas que dixo referíndose a moitos asuntos que hoxe en día preocupan non só a nivel de Estado se non que tamén a nivel mundial. Unha lección de humanidade nun mundo complexo que camiña a moita velocidade e que esta a perder referentes eticos e morais básicos que sempre foron o sustento da familia e da humanidade. Nas verbas o Papa deixou moi claro que o enfrontamento e a falla de cooperación dentro dun pais entre o goberno e, o non permanente da oposición, non levan a ningures e soamente crea un enfrontamento social.
Tamén lanzou un aviso referíndose os falsos mensaxes que van contra os menos desfavorecidos e os emigrantes. Mensaxes que circulan polas redes e que proclaman algúns políticos sen ningún tipo de pudor. Todas esas mensaxes que van contra o diferente e das que debemos fuxir, agochan tras de si un racismo e un supremacismo que arrepía e que non augura nada bo. O Papa veu a lanzar unha mensaxe moi distinta á que se escoita na boca de moitos políticos deste noso Estado e incluso en parte do clero máis conservador.
Con todo o sinalado, e vendo as imaxes de asistencia masiva ós diversos actos pode resultar enganoso pensar que, a relixión a día de hoxe, vive un momento de aceptación masiva, cando non é así. Pode tamén resultar enganoso cando mesturar certo grao de espiritualidade coa práctica activa e permanente da relixiosidade. Pois a realidade é moi distinta á que se vive na nosa sociedade. Primeiro as parroquias sofren e visualizan a ausencia de xente nova nos actos relixiosos pois están quedando baleiras. A mensaxe que nelas se imparte dille moi pouco a unha xuventude e mocidade, polo que esta non ve aliciente no que alí se se repite dende sempre sen darlle contestación a moitos doas súas aspiracións.
Polo tanto a Igrexa actual precisa pórse ó día en aspectos que, na vida da mocidade e da xuventude xa levan moito tempo sendo normais. Precisa, nunha sociedade moi conformista e tamén moi nihilista, adaptarse ós tempos se non quere perder o tren sentirse arroupada polos moitos crentes hoxe viven arredados da súa mensaxe. Con todo, semella que unha cousa é a mensaxe que se dá coa visita papal e outra a realidade na base que mantén a estrutura piramidal desta institución. A Igrexa actual ten diante de si retos e asuntos moi importantes que afrontar. O asunto do celibato obrigatorio, o acceso da muller ó sacerdocio, a adaptación de certos postulados á realidade mundial como o do crecemento da poboación no mundo, e sobor de todo ter coherencia co fai e co que se predica. Xa nada digo do asunto espiñoso do referido ós abusos da pederastia e sexuais.
Con todo a visita do máximo responsable da Igrexa na terra deixa ben á luz que esta milenaria institución ten moito que modelarse pra adaptarse a uns tempos nos que, ás veces, resulta moi complexo e complicado distinguir o bo e o malo e o falso do certo. E xa se sabe que os chamados dogmas son moitas veces unha atadura que impide a adaptación e a interpretación acorde cos tempos. En fin, León XIV trouxo unha mensaxe chea de humanidade nun momento no que a sociedade o precisa, o que está moi ben. Mais a visita do que din certas enquisas non debera ser unha cortina de fume para obviar a perda de xente crente que camiña fora da institución relixiosa e que vai en aumento. Asi que adaptarse ou fenecer. Non queda outra.



OS MELLORES ESTABLECEMENTOS
Outros artigos de Manuel Herminio Iglesias
Manuel Herminio: “A velocidade nas nosas vidas”
A opinión de Manuel Herminio: “Raigame: algo máis que unha romaría”
A opinión de Manuel Herminio: “A manipulación das masas”
A opinión de Manuel Herminio: “Hai 50 anos e pico…”
A opinión de Manuel Herminio: “Adeus a Revolución Cubana”
A opinión de Manuel Herminio: “Patriotas de bandeira”
A opinión de Manuel Herminio: “Cuba na encrucillada”
A opinión de Manuel Herminio: “Quixemos cambiar o mundo…”
A opinión de Manuel Herminio: “O mundo ten alzheimer?”
A opinión de Manuel Herminio: “A faciana agochada dos deuses”
A opinión de Manuel Herminio: “A lei do máis forte”
A opinión de Manuel Herminio: “A velocidade como meta”
A opinión de Manuel Herminio: “Ás portas do Nadal lembrando a Marcos”
Agochar o que non gusta da historia
Licenciado pola universidade da vida
A deshumanización da sociedade
Tiranos con facha de demócratas
Pode arredarse música e cultura da política?
Nas mans de ególatras e imperialistas
Soamente unha visión: a económica
O insulto no canto do argumento
Tempo de charlatáns e predicadores
Non todo vale pra acadar o poder
Ditadores coa faciana de demócratas
A opinión de Manuel Herminio: “Enfurruñados ou riquiños”
Quen fala dos problemas desta terra?
Asaltar o ceo contra o pracmatismo
A fantasía e o consumismo no Nadal
Feijoo e as maiorías absolutas
Descoñecen o que berran e chantean?
Lavándolle a faciana a extrema dereita
Moita enerxía sen rentabilidade
Ourense: Sen obxectivos nin proxectos
Ourense, por riba das ideoloxías
Vandalismo, botellóns e desleixo
Dúas maneiras de actuar na política
Lembrades a democracia organica?

















