Manuel Herminio: “A mensaxe de León XIV e os riscos da I.A.”

---------------------------------------------------------------------------------------------------------

O colaborador de badalnovas Manuel Herminio deixanos este artigo

---------------------------------------------------------------------------------------------------------

Dende Seixo-Albo

A visita do  Papa León  XIV  deixounos unha mensaxe cargada de humanidade e de tolerancia. O arrecendo positivo desta visita puxo por riba  das nosas conciencias realidades das  que se poden extraer algunhas lecturas, dado  que deixan ó descuberto contradicións importantes na vida de moitos que se din cristiáns  e que a día de hoxe son practicantes. A principal mensaxe na que fixo moito fincapé  foi no grande problema da emigración e o referido ó trato que se lle dá a esa xente que busca mellores forma de vida fuxindo de países onde a violencia ou as carencias económicas impiden ter unha vida  minimamente digna.  Esta mensaxe contraponse cos feitos que hoxe acontecen en parte desta vella Europa onde os emigrantes pasan de seren cidadáns a estaren sinalados como delincuentes que soamente  veñen a estas terras a crear inseguridade. Emigrantes ós que se pretende levar a terceiros países a cámbeo de pagarlle ós estados que os acollen en recintos pechados  cantidades de cartos.  E  todo pra acalar un clima de desordes e violencia contra esta xente, e sempre  amparado por forzas políticas  conservadoras que chegan a acordos coa extrema dereita e  que poñen por diante a chamada prioridade nacional, o que implica marxinación  e segregación.

O mundo no que vivimos non se fixo unicamente a partires  unha única raza, Non. Os seres humanos foron creando sociedades a través das relacións humanas e comerciais entre iguales e diferentes, e a mestizaxe foi e segue a ser moi importante nesta terra.  E dese xeito chegamos á sociedade actual, onde naide é dunha raza pura.   Onde a diversidade de credos e formas de vida diferentes,  fraguaron  o que hoxe temos de  positivo e  tamén de negativo. O fundamento  no que se basea á extrema dereita e que a  dereita caladamente ampara e non se di  é o poder dunha raza sobor das demais. Ou sexa, o que se chama supremacismo branco.

Os perigos da IA

Na Arxentina de Milei, este estrambótico  e tolo presidente,  pretende que no seu pais se instalen moitas empresas da IA. E pra iso pretende darlle todas as facilidades, pois di que coa IA crearanse empresas  non humanas  gobernadas por robots;  empresas que non terán  personalidade xurídica e que  tomarán decisións que nos afecten a todos.  Pola contra Yuval Noah Harari  escritor e profesor dunha  universidade importante  nun artigo moi extenso publicado  en distintos medios americanos,   di que sen control nin medo ás sanción e á cadea dos responsables destas empresas non humanas, a humanidade está en perigo. Logo di: pois  estas empresas venden ideoloxía, polo que sen controles humanos, e sen normativa  ética son un perigo  para a manipulación da xente. Tamén o Papa León  na súa encíclica Magnifica Humanitas fala do perigo sen control da Intelixencia Artificial. En fin, a lección de humanismo cristián que deu  o Papa  na súa visita  a España é unha guía que serve pra que pensemos e tomemos consciencia do valor dos principios nos que actualmente sustentan a humanidade, que non son outros que os dereitos de todos os seres humanos, e  a aposta de que a xente está sempre por riba da maquina. Polo que manda un aviso: o mundo corre un perigo de non ter un control ético e moral das  tecnoloxías vinculadas a IA cuestión  que é moi perigosa. 


OS MELLORES ESTABLECEMENTOS



Outros artigos de Manuel Herminio Iglesias

Manuel Herminio: “Unha lección de humanidade”

Manuel Herminio: “A velocidade nas nosas vidas”

A opinión de Manuel Herminio: “Raigame: algo máis que  unha romaría”

A opinión de Manuel Herminio: “A manipulación  das masas”

A opinión de Manuel Herminio: “Hai 50 anos e pico…”

A opinión de Manuel Herminio: “Adeus a Revolución Cubana”

A opinión de Manuel Herminio: “Patriotas de bandeira”

A opinión de Manuel Herminio: “Cuba na encrucillada”

A opinión de Manuel Herminio: “Quixemos cambiar o mundo…”

A opinión de Manuel Herminio: “O mundo ten alzheimer?”

A opinión de Manuel Herminio: “A faciana agochada dos deuses”

A opinión de Manuel Herminio: “A lei do máis forte”

A opinión de Manuel Herminio: “A velocidade como meta”

A opinión de Manuel Herminio: “Ás portas do Nadal lembrando a Marcos”

Venres negro

Frases  con moita retranca

A lei do péndulo

Seica mentir  non é delito

Non chove auga…

Camiñar na ambigüedade

Agochar o que non gusta da historia

Arredor dos incendios

O rei do mundo

Licenciado pola universidade da vida

A deshumanización da sociedade

Unha parte non é o  todo

Tiranos con facha de demócratas

Españoles decentes

Pode arredarse  música  e cultura da política?

Mover ficha

Falar coas máquinas

Nas mans de ególatras e imperialistas

O mundo ó revés

A guerra como negocio

Soamente unha visión: a  económica

Aumentar o espazo vital

Venezuela

Tempo de Nadal

Atados á Utopía

Ourense e a enerxía eléctrica

Cuniupuyara

O insulto no canto do argumento

Os Bacelos de Prata 2024

Vivir no Rural

Catalunya: Un tempo novo

Algo cheira a podre

Pasarse de voltas

Tempo de charlatáns e predicadores

Haberá moción de censura?

As recetas da motoserra

Adeus á independencia

Non todo vale pra acadar o poder

A noria do tempo

Ditadores coa faciana de demócratas

Amarrado polos ovos

Unha cantiga sin alma

A opinión de Manuel Herminio: “Enfurruñados ou riquiños”

Quen fala dos problemas desta terra?

Asaltar o ceo contra o pracmatismo

Volve o tempo das promesas

Aquelas pequenas cousas

A fantasía e o consumismo no Nadal

Feijoo e as maiorías absolutas

Tempo de Magostos

Coidado cos salvapatrias

Descoñecen o que berran e chantean?

Achegarse á España real

Lavándolle a faciana a extrema dereita

A Resaca Electoral

O puzle ourensán

Música de calidade

As licencias dos quen mandan

Pacto cós ourensás

Moita enerxía sen rentabilidade

Xente sinxela

Os que pasan á historia

A Aposta Galeguista

Fun cantando

Nin Música nin Letra

Un home feito de cartos

Tempo de lecer e refexión.

As leiras a ermo

A longa sombra da corrupción

Erro Histórico

Llegó la mami….

Un crego de parroquia

Ourense: Sen obxectivos nin proxectos

e Ourense, existe?

O Nadal da Saudade

Unha area no zapato

Serrat e os cantautores

As incertezas na aldea global

Ourense, por riba das ideoloxías

O importante é a pasta

Sos Ourense!!!

Ourense cara un ermo cultural

Vandalismo, botellóns e desleixo

Na procura da felicidade

Dúas maneiras de actuar na política

Tinte galeguista

Abrindo un novo camiño

Lembrades a democracia organica?

Actuar en manada

Os refráns na política

As miserias na política

De xeonllos e pedindo perdón

Culturetas de ….

Arroutadas

PUBLICIDADE---------------------------------------------------------------------------------------------------