O colaborador de badalnovas Manuel Herminio deixanos este artigo

Dende Seixo-Albo
Os avances tecnolóxicos nas comunicacións trouxeron hai anos a globalización das novas que acontecen aquí e alá ou no sin fin deste planeta. Logo, por mor dese avance comunicativo apareceu a globalización da economía. E iso trouxo a chamada deslocalización de empresas. Este fenómeno social dáse cando se globaliza somente a parte económica mentres os dereitos sociais e laborais seguen estancados nos países onde se vai investir. As economías dos distintos países teñen diferencias brutais e xa se sabe, as empresas e corporacións levan no seu adn gañar cartos. Paralelamente a estes avances sinalados foron tomando corpo as chamadas redes sociais. E con elas novas formas, non digo mellores nin peores, de comunicación. Mais todo avance técnico ten cousas positivas, pero tamén chega o que se pode nomear como os efectos colaterais ou cousas negativas derivadas polo mal uso deses avances. E a día de hoxe, fronte a aquela prensa que era a fonte de novas que, aínda tendo tendencias políticas marcadas e restricións intencionadas, informaba á sociedade do que ía acontecendo, apareceron novas formas de comunicación que, a día de hoxe, teñen un gran poder de convocatoria pra difundir novas, ou se o prefiren de desinformación, que cambiou completamente as regras de xogo no mundo da comunicación. Hoxe as redes nas que andan os chamados Youtubers son un chan aberto a que calquera pode poñer nelas o que lle peta. Polo que todo mudou nese eido. Pois o sentido periodístico de manter certos límites éticos e de veracidade xunto con certos niveis de calidade e de como se ten que comunicar, a día de hoxe, pasou ó esquecemento. Xa non é o máis importante. Mellor, está moi limitado.
Hoxe en día estes novos modos de comunicación anuncian e poñen cousas que, en moitos casos, son chismes ou noticias sen confirmar. Pois o que importa, o que está en xogo, e ter seguidores, aínda que se saiba que se contan medias verdades, ou se poñen trolas. O que interesa é ter seguidores que, ate poden ser medio papanatas, que cren todo o que sae polas pantallas. Pois iso trae dividendos que son cartos para estes apóstolos dun novo tempo. Na recente invasión de marroquís de Ceuta e as que veñan, as convocatorias maiormente viñeron polas redes sociais. O que non impide que detrás delas ate se agochen intereses da xeopolítica ou intereses de mala veciñanza. Todo é posibel. Pero esas redes son as que debuxan cousas fantásticas, países idílicos, e moven, sobor de todo, a xuventude pra ir na procura dun mundo mellor, cando o que tiña que facer é loitar no seu país polas liberdades e mellorar o nivel de vida dentro del. A mocidade actual, e moitos que non son mozos, dánlle máis creto ó que lle chega por boca desas redes que a análise dun profesional sosegado que expón o seu razoamento nunha nova. Polo que vivimos nun tempo moi complexo onde o poder destas redes, que banaliza o sentido da razón, xoga coas emocións e manexa a realidade segundo lle convén é un feito real. Estamos en días onde a manipulación das masas é unha realidade. Se a isto lle sumamos que todo é aproveitado polas forzas maiormente da extrema dereita, o resultado é sorprendente. Branqueo de ditaduras e asasinos convertidos en persoas moi boas para a sociedade. Creación de falsos mitos e a promoción de ideoloxías extremas e moi radicais que, con discursos simplistas, propoñen solución milagreiras a problemas moi complexos. Polo que, diante esta situación, as preguntas xorden axiña: estamos diante o mal uso ou estamos a caer na ditadura das redes sociais? Facémoslle máis caso a quen contrasta as novas ou a un charlatán que nos engana? En fin, todo vai chegando, e neste tempo semella que estamos diante o poder incontrolado das redes sociais onde a ética informativa anda moi escasa.



OS MELLORES ESTABLECEMENTOS
Outros artigos de Manuel Herminio Iglesias
Manuel Herminio: “Inimigos ou irmáns?”
Manuel Herminio: “A egolatría e o servilismo”
Manuel Herminio: “Aldama: un modelo de que?”
Manuel Herminio: “A mensaxe de León XIV e os riscos da I.A.”
Manuel Herminio: “Unha lección de humanidade”
Manuel Herminio: “A velocidade nas nosas vidas”
A opinión de Manuel Herminio: “Raigame: algo máis que unha romaría”
A opinión de Manuel Herminio: “A manipulación das masas”
A opinión de Manuel Herminio: “Hai 50 anos e pico…”
A opinión de Manuel Herminio: “Adeus a Revolución Cubana”
A opinión de Manuel Herminio: “Patriotas de bandeira”
A opinión de Manuel Herminio: “Cuba na encrucillada”
A opinión de Manuel Herminio: “Quixemos cambiar o mundo…”
A opinión de Manuel Herminio: “O mundo ten alzheimer?”
A opinión de Manuel Herminio: “A faciana agochada dos deuses”
A opinión de Manuel Herminio: “A lei do máis forte”
A opinión de Manuel Herminio: “A velocidade como meta”
A opinión de Manuel Herminio: “Ás portas do Nadal lembrando a Marcos”
Agochar o que non gusta da historia
Licenciado pola universidade da vida
A deshumanización da sociedade
Tiranos con facha de demócratas
Pode arredarse música e cultura da política?
Nas mans de ególatras e imperialistas
Soamente unha visión: a económica
O insulto no canto do argumento
Tempo de charlatáns e predicadores
Non todo vale pra acadar o poder
Ditadores coa faciana de demócratas
A opinión de Manuel Herminio: “Enfurruñados ou riquiños”
Quen fala dos problemas desta terra?
Asaltar o ceo contra o pracmatismo
A fantasía e o consumismo no Nadal
Feijoo e as maiorías absolutas
Descoñecen o que berran e chantean?
Lavándolle a faciana a extrema dereita
Moita enerxía sen rentabilidade
Ourense: Sen obxectivos nin proxectos
Ourense, por riba das ideoloxías
Vandalismo, botellóns e desleixo
Dúas maneiras de actuar na política
















