O colaborador de badalnovas Manuel Herminio deixanos este artigo

Dende Seixo-Albo
Dende hai case sete anos vivimos nun tempo onde os berros e insultos normalizáronse. Xan son norma non escrita que campa nunha parte da sociedade e que incluso é seguida polos máis novos que berran seguindo consignas das que nun futuro terán que arrepentirse. Todo comezou con aquil: Me gusta la fruta, pero que na realidade era : “hijo de puta.” dirixido ó presidente do goberno.A banalidade e os instintos máis primarios agochan e arredan á reflexión do que logo debe expresarse.
Agora resulta que a culpa de todos os grandes problemas do Estado é dunha única persoa. Polo que os partidos da oposición non fan propostas diante os grandes asuntos que reclaman unha solución. Porei un exemplo: o tema da vivenda. Todo o mundo sabe que hoxe acceder a unha vivenda é realmente case imposibel sobor de todo para os máis novos. Mais tamén todos os cidadáns deberían saber que as competencias de vivenda están cedidas ás Comunidades Autónomas.
E que os concellos tamén teñen a súa parte de responsabilidade, pois poden ofertar solo máis barato, cousa que non fan. Mais cal é a realidade: o primeiro problema é que non se constrúe vivenda pública. E cal é a razón da que non se fala claramente por parte da oposición? Pois é que non interesa facer vivenda desa, e tampouco se quere intervir no mercado. Ou sexa: que a lei da oferta e a demanda é a que debe seguir campando nesta cuestión.
Polo que non se pode permitir a intervención do Estado neste asunto tan importante. Outra cuestión que hoxe está ó día é o da invasión da cidade de Ceuta. Neste asunto a oposición di que solucionaría o problema axiña, máis non di como. Tampouco se fala da controvertida, e eu penso que errada, sentenza do supremo que foi a orixe deste conflito. E si algo se di é contando moitas mentiras. Vivimos nun tempo onde moita prensa axuda a que o insulto e a mentira corra e se esaxere, pra que se estenda máis sen que a racionalidade e o sentido común teñen un espazo para o sosego.
Cada xornada que pasa son moitos os que retorcendo a realidade, segundo comenencia electoral, fabrican intrigas e se deixan levar por cantos de cisne que axudan a que circule o bulo e a mentira máis burda. Pois unha trola repetida mil veces semella unha verdade. Mal camiño leva a sociedade occidental. Triste horizonte se outea, aínda que as masas enlouquecidas non vexan que logo elas serán as que sufrirán máis chegado o momento de que aterren no poder eses apóstolos da liberdade, ou mellor: da súa única liberdade. Hai uns días un bispo, creo que o de Oviedo, afirmaba que estamos perto dunha nova reconquista. E eu pregunto: reconquista de que? A de mirar unicamente ó nacional catolicismo? Un refrán moi galego di: a cabra cando ten vicio dá cos cornos no cu.
Polo que eses rapaces que falan da ditadura sen vivila; si, a todos eses, que din que hoxe temos un réxime comunista e que quen goberna é un autócrata, pasado o tempo desta tolemia, pasada a treboada tragarán con dolor o que hoxe berran. Cando nun estado non se fan propostas e non se contrastan; Cando nun pais soamente se berra e se insulta, a razón perde espazo e todos saímos perdendo. Houbo un tempo, foi cando chegou a democracia nos anos setenta do século pasado, eu como moitos pensamos, inxenuos de nós, que con ela chegaría máis cultura, máis tolerancia e sobor de todo máis irmandade.
Mais vexo que non. Moito mudaron as cousas desde ises anos. Pero, para todos eses que din que estamos peor, recoméndolle que falen cos seu avós e pais e lles conten as estreiteces que se pasaban naqueles anos escuros da ditadura onde a censura que se soportaban pesaba sobre eles; onde as corruptelas que había, e emigración forzada e famenta cara América e Europa, moita sen papeis, a quen daba os informes de persoas nos pobos e aldeas estaban na man dos curas e os adeptos ó réxime e así poderán empezar a falar do que foi e é unha ditadura.
E se o fan despois poderán berrar con máis autoridade e valorar o presente actual que, con moitos defectos que haberá que corrixir, segue a ser admirado por moitos países do mundo. En fin, nada bo augura nun tempo de berros e insultos. Por tanto fuxamos desas formas e discutamos con racionalidade entendendo que o adversario non é o inimigo.



OS MELLORES ESTABLECEMENTOS
Outros artigos de Manuel Herminio Iglesias
Manuel Herminio: “O Poder das redes sociais”
Manuel Herminio: “Inimigos ou irmáns?”
Manuel Herminio: “A egolatría e o servilismo”
Manuel Herminio: “Aldama: un modelo de que?”
Manuel Herminio: “A mensaxe de León XIV e os riscos da I.A.”
Manuel Herminio: “Unha lección de humanidade”
Manuel Herminio: “A velocidade nas nosas vidas”
A opinión de Manuel Herminio: “Raigame: algo máis que unha romaría”
A opinión de Manuel Herminio: “A manipulación das masas”
A opinión de Manuel Herminio: “Hai 50 anos e pico…”
A opinión de Manuel Herminio: “Adeus a Revolución Cubana”
A opinión de Manuel Herminio: “Patriotas de bandeira”
A opinión de Manuel Herminio: “Cuba na encrucillada”
A opinión de Manuel Herminio: “Quixemos cambiar o mundo…”
A opinión de Manuel Herminio: “O mundo ten alzheimer?”
A opinión de Manuel Herminio: “A faciana agochada dos deuses”
A opinión de Manuel Herminio: “A lei do máis forte”
A opinión de Manuel Herminio: “A velocidade como meta”
A opinión de Manuel Herminio: “Ás portas do Nadal lembrando a Marcos”
Agochar o que non gusta da historia
Licenciado pola universidade da vida
A deshumanización da sociedade
Tiranos con facha de demócratas
Pode arredarse música e cultura da política?
Nas mans de ególatras e imperialistas
Soamente unha visión: a económica
O insulto no canto do argumento
Tempo de charlatáns e predicadores
Non todo vale pra acadar o poder
Ditadores coa faciana de demócratas
A opinión de Manuel Herminio: “Enfurruñados ou riquiños”
Quen fala dos problemas desta terra?
Asaltar o ceo contra o pracmatismo
A fantasía e o consumismo no Nadal
Feijoo e as maiorías absolutas
Descoñecen o que berran e chantean?
Lavándolle a faciana a extrema dereita
Moita enerxía sen rentabilidade
Ourense: Sen obxectivos nin proxectos
Ourense, por riba das ideoloxías
Vandalismo, botellóns e desleixo
Dúas maneiras de actuar na política
















