O colaborador de badalnovas Manuel Herminio deixanos este artigo

Dende Seixo-Albo
Cando chegas á xubilación, non sei o por que, lembras moitas das etapas vividas. Joán Manuel Serrat afirma que desprezar o saber e o vivido polos maiores é un grande erro para sociedade de hoxe. Os novos xa te ven coma se foses un moble vello e, ignorando o saber da experiencia, o colleitado nos anos vividos e a suma dos éxitos e fracasos pensan. Mais os novos coa súa forza pensan que van comer o mundo, e ignoran a experiencia e todo o que lles contas chámanlle batalliñas do avó.
Con todo, como moitos reflexionamos e contrastamos o pasado vivido co presente; outeamos as diferencias e vemos que non deixan de abraiarnos. Veredes: eu como tantos rapaces da miña idade fun educado no que había e lembro con moita claridade cando na igrexa, mellor nas misas, pasaban o peto pedindo para os “chinitos.” Seica estaban tan mal que aquela igrexa patriarcal quería axudalos levándolle algo de cartos ademais da palabra de Deus.
Nós, rapaces que viviamos sen sabelo nunha ditadura, naquel tempo cando comezamos a ver o seiscentos, ate nos sentiamos confortados pensando que axudabamos ós que estaban sen civilizar e vivían na fame e na máis absoluta miseria. Polo que intuíamos que eramos superiores. Claro, ignorábamos que eles, os chinos, tamén tiñan a súa relixión e as súa crenzas e miles de anos des historia as súas costas. Pero quedabamos satisfeitos, pois dentro da nosa precariedade sentiámonos mellor ca eses pobres rapaces. Pasaron os anos, decenios, e todos fomos evolucionando e vendo a realidade social doutra maneira.
E case sen decatarnos chegamos ós tempos actuais onde todo virou e moito. Pois agora en occidente e no noso estado tamén resulta que estamos desexando que a sociedade daqueles “Chinitos” veñan a Galiza a fabricar coches. Si, pois deica son moi bos e máis baratos cós que se fan en Europa incluíndo España. E ó ver esta realidade e os avances na tecnoloxía dos chinos todos caemos na conta de que, houbo un tempo que estabamos no mundo cunha visión moi cutre e moi local. Unha visión en todos os aspectos na que soamente escoitabamos o Parte das noticias que lle conviñan ó réxime e a súa sintonía xa nos era familiar. Unha visión do mundo a través do cine onde os vaqueiros eran os bos e os indios os salvaxes.
E agora sabermos que aquel “Noticiero Español” que se proxectaba nos cines e que era de obrigado cumprimento comíanos o tarro e tiña moita manipulación. Ou sexa, que estabamos moi mediatizados por aquel réxime que o controlaba todo. Pois as novas locais daqueles xornais a vista de hoxe daríannos a risa. Falaban do que lle deixaban, pois a censura era como unha lousa que multaba e prohibía aquelo que poñía en cuestión un réxime nacido da imposición das armas. Porei un exemplo: “en la aduana de Feces fueron apresadas unas vacas que cruzaron solas la frontera.” E desas había moitas máis. Outras que aparecían eran as referidas os asuntos da cidade. Ou sexa: minucias.
A vista daquel tempo pasado ala polos sesenta do século XX, moito mudaron as cousas. Moito mudou a forma de ver a vida e o mundo. Moito trocou a maneira de relacionarse e incluso a moral. Pois quen podía pensar que aqueles pobriños chinos ós que nós queríamos culturizar e salvar tiñan unha civilización máis antiga cá occidental. Tiñan unha cultura baseada no esforzo e no traballo. E a día de hoxe son unha potencia que aspira a gobernar o mundo sen facer guerras. Hoxe fago este comentario pra amosar as voltas que dá a vida e como mudan os conceptos que temos sobras persoas, as razas e os países.
Ás veces o non ver mundo lévanos a crernos superiores, e noutros casos como o dos americanos do norte, a sentirnos inferiores a eles. E agora que vemos o que fan os inaquis decatámonos que estamos moi errados. Esta foi a realidade na nacemos e vivimos unha xeneración a que hoxe é a dos máis maiores da sociedade. E vaia por diante que levamos unha grande sorpresa, pois ó ver outras realidades decatámonos que naqueles anos viviamos na inopia. Hoxe, ata o Sr. Rueda lle agradece ós chinos que monten unha fábrica nesta terra. En fin: cousas veredes.



OS MELLORES ESTABLECEMENTOS
Outros artigos de Manuel Herminio Iglesias
Manuel Herminio: “Tempo de berros e insultos”
Manuel Herminio: “O Poder das redes sociais”
Manuel Herminio: “Inimigos ou irmáns?”
Manuel Herminio: “A egolatría e o servilismo”
Manuel Herminio: “Aldama: un modelo de que?”
Manuel Herminio: “A mensaxe de León XIV e os riscos da I.A.”
Manuel Herminio: “Unha lección de humanidade”
Manuel Herminio: “A velocidade nas nosas vidas”
A opinión de Manuel Herminio: “Raigame: algo máis que unha romaría”
A opinión de Manuel Herminio: “A manipulación das masas”
A opinión de Manuel Herminio: “Hai 50 anos e pico…”
A opinión de Manuel Herminio: “Adeus a Revolución Cubana”
A opinión de Manuel Herminio: “Patriotas de bandeira”
A opinión de Manuel Herminio: “Cuba na encrucillada”
A opinión de Manuel Herminio: “Quixemos cambiar o mundo…”
A opinión de Manuel Herminio: “O mundo ten alzheimer?”
A opinión de Manuel Herminio: “A faciana agochada dos deuses”
A opinión de Manuel Herminio: “A lei do máis forte”
A opinión de Manuel Herminio: “A velocidade como meta”
A opinión de Manuel Herminio: “Ás portas do Nadal lembrando a Marcos”
Agochar o que non gusta da historia
Licenciado pola universidade da vida
A deshumanización da sociedade
Tiranos con facha de demócratas
Pode arredarse música e cultura da política?
Nas mans de ególatras e imperialistas
Soamente unha visión: a económica
O insulto no canto do argumento
Tempo de charlatáns e predicadores
Non todo vale pra acadar o poder
Ditadores coa faciana de demócratas
A opinión de Manuel Herminio: “Enfurruñados ou riquiños”
Quen fala dos problemas desta terra?
Asaltar o ceo contra o pracmatismo
A fantasía e o consumismo no Nadal
Feijoo e as maiorías absolutas
Descoñecen o que berran e chantean?
Lavándolle a faciana a extrema dereita
Moita enerxía sen rentabilidade
Ourense: Sen obxectivos nin proxectos
Ourense, por riba das ideoloxías
Vandalismo, botellóns e desleixo
Dúas maneiras de actuar na política
Lembrades a democracia organica?


















