O colaborador de badalnovas Manuel Herminio deixanos este artigo

Dende Seixo-Albo
Cando este artigo vexa a luz estaremos celebrando un acto social moi arraigado nesta provincia: o Magosto. Nesta festa a socialización e nas conversas onde, ademais de divertirse, fálase de todo, hoxe propoño que lle demos unha volta ó camiño que leva esta nosa sociedade e á convivencia que xa temos cos emigrantes, moitos deles doutras razas e crenzas relixiosas. Esa realidade lévanos a falar se camiñamos cara unha sociedade aberta, multirracial e cultural.
O termo aldea global empregado para nomear ó planeta no que vivimos cada día está máis estendido. A sociedade na súa totalidade entende que na terra hai un conxunto de espazos xeográficos que nunca viviron independentes entre si, pois todos os lugares dalgunha maneira dende a antigüidade tiveron relacións comerciais. Isto lévanos a entender que o comercio, en certa mediada, foi a forza que moveu o mundo. Mais esta realidade estase acelerando coa chamada globalización.
Deseñamos nun país, fabricamos noutro e vendemos en diversos lugares. Polo que lembremos: Primeiro globalizáronse as comunicacións, logo a economía e agora tócalle a outros espazos da vida social e laboral. Con todo, escoito a grupos políticos ultras que predican o odio ó diferente culpándo de todos os os males que temos como estado, s emigrantes. E iso faise case sempre cargando contra os negros ou africanos. As demais razas xa reciben un trato diferente. Outro termo que empregan estes grupos está relacionado coa chamada economía autárquica.
Dado que din que, poño por caso: España soamente para os españois. Ou que nada ten que vir doutros lugares tanto produtos como persoas. Ampliando o concepto detrás de estas afirmacións agóchase a ideoloxía do poder chamado branco sobre as demais razas. Estes e outros conceptos sociais e relixiosos son os que aparecen no abano de propostas deses grupos que, a día de hoxe, comezan a campar na vella Europa e en moitas cidades desta península. Supoño que moitos dos que se deixan levar por esta xente descoñecen que, na mesma península ibérica, a mesturanza de razas e credos que houbo a través dos séculos foi moi importante. Polo que non somos herdeiros dunha única raza pura.
Nin podemos falar de raza como se falaba no franquismo. Somo a mesturanza de anos de cruces e convivencia; de loitas e de evolucións incluso relixiosas. Mais nos tempos que corren debido á tecnoloxía das comunicacións hoxe todo está relacionado. E non queda outra que pechar o círculo na parte social nesta aldea global. Polo que camiñamos, queirámolo ou non, cara sociedades multirraciais e culturais e incluso relixiosas.
A día de hoxe, está comprobado que ó falar de economía, calquera acontecemento que afecte a un produto que se considera esencial pra mover o mundo como hoxe é o caso do petróleo, repercute en todas as economías e como consecuencia na carteira dos cidadáns, si de todos nós. Pois ben, se iso é así, non queda outra que comezar a entender que camiñamos ata unha sociedade diferente á que temos a día de hoxe. E todos eses predicadores das razas puras terán que aceptar que camiñan errados. Pois a realidade obriga e vai por outros vieiros.



OS MELLORES ESTABLECEMENTOS
Outros artigos de Manuel Herminio Iglesias
Manuel Herminio: “Unha nova inquisición”
Manuel Herminio: “A lei do oeste”
Manuel Herminio: “Odio no ollar e no falar”
Manuel Herminio: “Unha esmola prós “chinitos””
Manuel Herminio: “Tempo de berros e insultos”
Manuel Herminio: “O Poder das redes sociais”
Manuel Herminio: “Inimigos ou irmáns?”
Manuel Herminio: “A egolatría e o servilismo”
Manuel Herminio: “Aldama: un modelo de que?”
Manuel Herminio: “A mensaxe de León XIV e os riscos da I.A.”
Manuel Herminio: “Unha lección de humanidade”
Manuel Herminio: “A velocidade nas nosas vidas”
A opinión de Manuel Herminio: “Raigame: algo máis que unha romaría”
A opinión de Manuel Herminio: “A manipulación das masas”
A opinión de Manuel Herminio: “Hai 50 anos e pico…”
A opinión de Manuel Herminio: “Adeus a Revolución Cubana”
A opinión de Manuel Herminio: “Patriotas de bandeira”
A opinión de Manuel Herminio: “Cuba na encrucillada”
A opinión de Manuel Herminio: “Quixemos cambiar o mundo…”
A opinión de Manuel Herminio: “O mundo ten alzheimer?”
A opinión de Manuel Herminio: “A faciana agochada dos deuses”
A opinión de Manuel Herminio: “A lei do máis forte”
A opinión de Manuel Herminio: “A velocidade como meta”
A opinión de Manuel Herminio: “Ás portas do Nadal lembrando a Marcos”
Agochar o que non gusta da historia
Licenciado pola universidade da vida
A deshumanización da sociedade
Tiranos con facha de demócratas
Pode arredarse música e cultura da política?
Nas mans de ególatras e imperialistas
Soamente unha visión: a económica
O insulto no canto do argumento
Tempo de charlatáns e predicadores
Non todo vale pra acadar o poder
Ditadores coa faciana de demócratas
A opinión de Manuel Herminio: “Enfurruñados ou riquiños”
Quen fala dos problemas desta terra?
Asaltar o ceo contra o pracmatismo
A fantasía e o consumismo no Nadal
Feijoo e as maiorías absolutas
Descoñecen o que berran e chantean?
Lavándolle a faciana a extrema dereita
Moita enerxía sen rentabilidade
Ourense: Sen obxectivos nin proxectos
Ourense, por riba das ideoloxías
Vandalismo, botellóns e desleixo
Dúas maneiras de actuar na política
















