O colaborador de badalnovas Manuel Herminio deixanos este artigo

Dende Seixo-Albo
Moitas cousas que acontecen no pais das barras e as estrelas avívame a memoria e lémbranme cousas do pasado. Polo que as películas de vaqueiros e indios que se proxectaban nos cines antano e os aforcamentos chegan de novo a miña retina, estaba en vigor a lei do máis forte. Corrían os anos sesenta do século pasado e esas cintas eran moi frecuentes nos cines ourensás. Polo que, despois do obrigado Nodo no que sempre saía do ditador inaugurando algo e despois dos anuncios de publicidade, comezaba a sesión. Eran películas que debuxaban un tempo no que os brancos andaban a tiros cos nomeados salvaxes.
Era unha loita contra os indios daquelas tribos. Na memoria os Apaches, os Siux e os Chellemes e o trato que se lle daba aquela xente. Pois ben, pasaron moitos anos e, de novo, unha parte moi importante da poboación dos EE.UU. parece que segue a vivir nos tempos da xustiza contundente e salvaxe. Volven as execucións públicas retransmitidas na tele. Hai uns días a unha muller que a condenaron a morte e que a súa execución resultou fallida, parece que a executarán de novo. Eu sempre entendín que cando pasaba un caso como o comentado, ó reo conmutábaselle a pena pola de cadea perpetua. Mais nada me estraña do que acontece nun pais onde a pena de morte segue vixente en moitos estados.
Cada día que pasa, imos coñecendo máis detalles de como é a vida nos EE.UU. E o que imos vendo resulta chocante con todo aquelo que nos contaron dese país onde as liberdades seica eran un modelo a seguir no mundo. Máis a realidade amosa moitos puntos escuros que sinalan o contrario. E iso deberíanos levar a valorar máis o que temos no noso Estado. A día de hoxe sabemos que os membros do ICE deteñen a xente emigrante sen máis miramentos, sabemos que o uso da forza é o seu principal argumento; sabemos que andan á caza da xente polo seu aspecto. Primeiro detéñente, se antes non che disparan e te firen ou matan, e despois preguntan.
Casos recentes está ben á vista. Un país onde a sanidade é totalmente privada, e se non tes un seguro importante, morres sen que te atenda ninguén ás portas dun hospital. Un país que aínda arrastra costumes dos tempos da conquista do oeste onde se anda coas armas no cinto é se pode acadar unha ó abrir unha conta nun banco. Un país onde estudar na universidade costa un ril. E podería seguir. Hai uns día un comentarista falaba da carestía da vida e da vivenda dando uns prezos moi elevados e dicía que, os soldos levaban cinco anos, se seren actualizados. Ese é o modelo que queremos para a nosa terra? Esa é a forma de vida que ollamos con admiración? Ás veces é preciso que, no canto de sermos tan críticos co que temos no noso Estado, deberíamos valorar e defender máis ó noso modelo de vida. Que temos problemas e grandes, claro.
Corren tempos nos que se din moitas cousas desacertadas e sen ter a información precisa. Dise que nos colonizamos o que se chama o novo mundo. Colonizar non é a palabra que mais exacta. Nós levamos ó novo mundo unha maneira distinta de vida e deixouse pegada creando universidades, Igrexas e cidades. Pode que houbera excesos, sempre pasan cousas. Pero os que colonizaron e arrasaron con todo sempre foron os Ianquis. Si, eles arrasaron con todas as culturas por onde pisaron matando ós indíxenas, e creando guerras en todo o mundo. Pode que esa sexa a maneira de manter un grande exército. Ben sei que non todos os estadounidenses son así, máis nunha importante parte considéranse supremacistas e desa maneira actúan diante o mundo. E se non fora así non elixirían a un presidente, un ególatra e un narciso que pensa que a súa raza é superior as demais.
En fin, aínda que sexa triste, en moitas partes dos EE.UU. parece que están a vivir na lei do oeste. Apoiar á masacre dos palestinos polos israelitas, vivir fora dos organismos mundiais como: a carta dos dereitos humanos e a xustiza universal xunto cos rusos, chinos e israelitas non falan ben de ninguén e menos dos ianquis. Televisar a execución dunha persoa non é máis ca unha mostra de crueldade e de fracaso dunha sociedade violenta. Dunha sociedade que quere meterlle medo ós cidadáns. Por iso, e moitas cousas máis, ese inmenso pais non debera ser o modelo no mundo a seguir.



OS MELLORES ESTABLECEMENTOS
Outros artigos de Manuel Herminio Iglesias
Manuel Herminio: “Odio no ollar e no falar”
Manuel Herminio: “Unha esmola prós “chinitos””
Manuel Herminio: “Tempo de berros e insultos”
Manuel Herminio: “O Poder das redes sociais”
Manuel Herminio: “Inimigos ou irmáns?”
Manuel Herminio: “A egolatría e o servilismo”
Manuel Herminio: “Aldama: un modelo de que?”
Manuel Herminio: “A mensaxe de León XIV e os riscos da I.A.”
Manuel Herminio: “Unha lección de humanidade”
Manuel Herminio: “A velocidade nas nosas vidas”
A opinión de Manuel Herminio: “Raigame: algo máis que unha romaría”
A opinión de Manuel Herminio: “A manipulación das masas”
A opinión de Manuel Herminio: “Hai 50 anos e pico…”
A opinión de Manuel Herminio: “Adeus a Revolución Cubana”
A opinión de Manuel Herminio: “Patriotas de bandeira”
A opinión de Manuel Herminio: “Cuba na encrucillada”
A opinión de Manuel Herminio: “Quixemos cambiar o mundo…”
A opinión de Manuel Herminio: “O mundo ten alzheimer?”
A opinión de Manuel Herminio: “A faciana agochada dos deuses”
A opinión de Manuel Herminio: “A lei do máis forte”
A opinión de Manuel Herminio: “A velocidade como meta”
A opinión de Manuel Herminio: “Ás portas do Nadal lembrando a Marcos”
Agochar o que non gusta da historia
Licenciado pola universidade da vida
A deshumanización da sociedade
Tiranos con facha de demócratas
Pode arredarse música e cultura da política?
Nas mans de ególatras e imperialistas
Soamente unha visión: a económica
O insulto no canto do argumento
Tempo de charlatáns e predicadores
Non todo vale pra acadar o poder
Ditadores coa faciana de demócratas
A opinión de Manuel Herminio: “Enfurruñados ou riquiños”
Quen fala dos problemas desta terra?
Asaltar o ceo contra o pracmatismo
A fantasía e o consumismo no Nadal
Feijoo e as maiorías absolutas
Descoñecen o que berran e chantean?
Lavándolle a faciana a extrema dereita
Moita enerxía sen rentabilidade
Ourense: Sen obxectivos nin proxectos
Ourense, por riba das ideoloxías
Vandalismo, botellóns e desleixo
Dúas maneiras de actuar na política
















