Manuel Herminio: “Unha nova inquisición”

---------------------------------------------------------------------------------------------------------

O colaborador de badalnovas Manuel Herminio deixanos este artigo

---------------------------------------------------------------------------------------------------------

Dende Seixo-Albo

O que anunciou hai uns días o narciso e ególatra Trump dende o despacho Oval avívame a memoria e faime pensar en tempos moi antigos felizmente superados no noso Estado. Supoño que moitos cidadáns, non sei se ós mais novos o saberán, pois entendo que en moitos institutos non se fala da historia  dos tempos escuros deste pais,  que coa chegada dos reis Católicos, ala polo 1478 sendo  papa Sixto IV,  pra manter a ortodoxia católica este creou a Inquisición deixado a súa aplicación en España ós reis antes nomeados.

Isto implicaba que calquera denuncia anónima que acusaba  a unha persoa de non ser bo cristián  recibía a visita do Santo Oficio e o que viña detrás: torturas, requisa de bens e, chegando máis lonxe, incluso morte na fogueira.  Vindo a tempos máis recentes e case actuais tamén me ven á memoria o que acontecía, e non sei si  hoxe acontece, na Cuba de Fidel Castro. Pois relato o que me contaron cubanos que viven entre nós. En cada cuadra ou mazá de casas había un oficial do réxime que tiña varios espías o seu cargo. Estes pasaban información dos que falaban mal do goberno e despois viñan os avisos e as consecuencias. Primeiro as pitadas chamándolle disidentes e despois a cadea.”Pois ben: Tump anunciou que o seu goberno dedicará unha suma importante de cartos pra premiar ós que denuncien os seus veciños de quen desfalca  ou non cumpre as leis estatais. Esa vella táctica de crear a desconfianza entre a xente, xera un mal ambiente entre a cidadanía, pois todos terminan desconfiando de todos.

Esta maneira de dividir ós cidadáns trasládalle a eles a responsabilidade que ten que facer quen goberna, pois á larga remata amordazando á sociedade e creando a desconfianza de todos contra todos. E isto leva que a sociedade sexa máis individualista e cada quen ande soamente ó seu.

Non cabe dubida de que corren malos tempos pras liberdades individuais. E no  noso Estado xa comezamos a ver pinceladas moi indicativas da censura. En Castela León queren, os salvadores da patria, pórlle vetos ás películas que falan do noso pasado recente. O que parecía,  hai uns anos imposibel, empeza a ser realidade.

A día de hoxe todo comeza permitindo o insulto dentro dunha institución como é o Senado onde  o presidente doutro país  insulta o xefe do executivo e, o presidente desa institución, non é capaz de dicirlle que nesa casa non se insulta a quen foi elixido polo Parlamento. Tamén, todo comeza, cando se di que se queren prohibir expresións culturais que se consideran ideolóxicas. E podería seguir con máis exemplos. Mal camiño levamos. Polo que lembro a cantiga do desaparecido grupo Ourensán Folk Cantigas que dirixía o fenecido Nito Contreras. Esta dicía: “Algo cheira a podre ó noso arredor cando lle cortan as alas ó páxaro pra non voar” A razón é que se  comeza por estas cousas, logo prohíbense e censúranse libros e acabamos como nos anos sesenta do século pasado poñéndolle rombos ás películas? A táctica pra desarmar a unha sociedade é moi vella.  Divide e vencerás.

Polo  que eu fago esta pregunta: Si se censura, quen nomea ós que din que aquelo ou o outro é malo pra sociedade? Son dos que penso que a expresión das ideas sempre que se respecte a opinión dos demais non debera ser un problema. Se coñecer o noso pasado con luces e sombras é un delito, como pensan moitos que din: deso é mellor non falar, estamos a cometer un erro moi grande. E digo eu,  delito tamén será quen branquee a figura de persoas que teñen tras de si moitas máis sombras que luces e no las debuxan como salvadores, cando foron ditadores e outras cousas que non digo.  A caso iso non é manipular?  A pretensión do presidente dos EE.UU. de incentivar con premio ós que denuncien ós seus veciños, pode prender en moitos países.  As ideoloxías e os sistemas políticos que derivan delas levadas ó extremo só crean enfrontamento e son moi malas  para a sociedade onde se impoñen.  Así comezan as ditaduras.  Así, desta maneira,  comezaron  os anos escuros na Europa preludio da segunda gran guerra. Nada novo baixo as estrelas e menos de salvadores que son supremacístas e  racistas que  gobernan soamente  pras élites poderosas. 


OS MELLORES ESTABLECEMENTOS



Outros artigos de Manuel Herminio Iglesias

Manuel Herminio: “A lei do oeste”

Manuel Herminio: “Odio no ollar e no falar”

Manuel Herminio: “Unha esmola prós “chinitos””

Manuel Herminio: “Tempo de berros e insultos”

Manuel Herminio: “O Poder das redes sociais”

Manuel Herminio: “Inimigos ou irmáns?”

Manuel Herminio: “A egolatría e o servilismo”

Manuel Herminio: “Aldama:  un modelo  de que?”

Manuel Herminio: “A mensaxe de León XIV e os riscos da I.A.”

Manuel Herminio: “Unha lección de humanidade”

Manuel Herminio: “A velocidade nas nosas vidas”

A opinión de Manuel Herminio: “Raigame: algo máis que  unha romaría”

A opinión de Manuel Herminio: “A manipulación  das masas”

A opinión de Manuel Herminio: “Hai 50 anos e pico…”

A opinión de Manuel Herminio: “Adeus a Revolución Cubana”

A opinión de Manuel Herminio: “Patriotas de bandeira”

A opinión de Manuel Herminio: “Cuba na encrucillada”

A opinión de Manuel Herminio: “Quixemos cambiar o mundo…”

A opinión de Manuel Herminio: “O mundo ten alzheimer?”

A opinión de Manuel Herminio: “A faciana agochada dos deuses”

A opinión de Manuel Herminio: “A lei do máis forte”

A opinión de Manuel Herminio: “A velocidade como meta”

A opinión de Manuel Herminio: “Ás portas do Nadal lembrando a Marcos”

Venres negro

Frases  con moita retranca

A lei do péndulo

Seica mentir  non é delito

Non chove auga…

Camiñar na ambigüedade

Agochar o que non gusta da historia

Arredor dos incendios

O rei do mundo

Licenciado pola universidade da vida

A deshumanización da sociedade

Unha parte non é o  todo

Tiranos con facha de demócratas

Españoles decentes

Pode arredarse  música  e cultura da política?

Mover ficha

Falar coas máquinas

Nas mans de ególatras e imperialistas

O mundo ó revés

A guerra como negocio

Soamente unha visión: a  económica

Aumentar o espazo vital

Venezuela

Tempo de Nadal

Atados á Utopía

Ourense e a enerxía eléctrica

Cuniupuyara

O insulto no canto do argumento

Os Bacelos de Prata 2024

Vivir no Rural

Catalunya: Un tempo novo

Algo cheira a podre

Pasarse de voltas

Tempo de charlatáns e predicadores

Haberá moción de censura?

As recetas da motoserra

Adeus á independencia

Non todo vale pra acadar o poder

A noria do tempo

Ditadores coa faciana de demócratas

Amarrado polos ovos

Unha cantiga sin alma

A opinión de Manuel Herminio: “Enfurruñados ou riquiños”

Quen fala dos problemas desta terra?

Asaltar o ceo contra o pracmatismo

Volve o tempo das promesas

Aquelas pequenas cousas

A fantasía e o consumismo no Nadal

Feijoo e as maiorías absolutas

Tempo de Magostos

Coidado cos salvapatrias

Descoñecen o que berran e chantean?

Achegarse á España real

Lavándolle a faciana a extrema dereita

A Resaca Electoral

O puzle ourensán

Música de calidade

As licencias dos quen mandan

Pacto cós ourensás

Moita enerxía sen rentabilidade

Xente sinxela

Os que pasan á historia

A Aposta Galeguista

Fun cantando

Nin Música nin Letra

Un home feito de cartos

Tempo de lecer e refexión.

As leiras a ermo

A longa sombra da corrupción

Erro Histórico

Llegó la mami….

Un crego de parroquia

Ourense: Sen obxectivos nin proxectos

e Ourense, existe?

O Nadal da Saudade

Unha area no zapato

Serrat e os cantautores

As incertezas na aldea global

Ourense, por riba das ideoloxías

O importante é a pasta

Sos Ourense!!!

Ourense cara un ermo cultural

Vandalismo, botellóns e desleixo

Na procura da felicidade

Dúas maneiras de actuar na política

Tinte galeguista

Abrindo un novo camiño

Lembrades a democracia organica?

Actuar en manada

Os refráns na política

As miserias na política

De xeonllos e pedindo perdón

Culturetas de ….

Arroutadas

PUBLICIDADE---------------------------------------------------------------------------------------------------