Manuel Herminio: “Política e  responsabilidade”

---------------------------------------------------------------------------------------------------------

O colaborador de badalnovas Manuel Herminio deixanos este artigo

---------------------------------------------------------------------------------------------------------

Dende Seixo-Albo

Quen  descoñece o pasado e non sabe da sa historia e non garda na memoria nin pregunta de onde ven, anda no mundo sen rumbo quedando a mercé do vento,  dando tombos nun deserto sen atopar que beber. Pra entendermos este hoxe temos que ollar cara  atrás e toparemos as claves do que hoxe  acontece, do que hoxe está  a pasar. E o pasado será luz que nos alume o vieiro. Quen agocha e despreza o seu pasado vai errado compañeiro.  Quen descoñece o pasado e despreza a súa historia perdido vai polo mundo: como un tarabelo da voltas.

Corren novas que falan de censuras sobor do mundo educativo e cultural. Os novos salvadores da patria xa van anunciando o que queren facer. O asunto vai en serio, pois si educar pra ter un pensamento crítico é unha cuestión ideolóxica, mal imos.  Si  ensinar pra coñecer o noso pasado recente molesta,  aviados estamos. Volven os censores falando de liberdade como hai moitos anos. Eu sempre mantiven que, quen descoñece o seu pasado e non sabe da historia  particular e colectiva corre o perigo de petar contra a mesma pedra, e cometer erros fatais. Ou sexa: volve a equivocarse pois non sabe distinguir o grao da palla. A gran maioría social desta nosa sociedade está tan abstraída polos seus problemas que non é capaz de facer unha reflexión meditada   pra logo actuar en consecuencia.   Con moita frecuencia escoitamos falar a xente que convive con nós que pensa que a política soamente é estar afiliado a un partido. Polo que, todo o demais, todo o que acontece o seu arredor non é política. Desta maneira o prezo dos produtos,  ou o de mercar aquí  ou acolá  eso non é política; o de ter unha sanidade pública eso tampouco é política. Craso error, pois política é toda acción humana e toda relación social. É todo acto que facemos de maneira consciente.  Claro que outra cousa é a política partidaria e outra a que como individuos particulares facemos. Moitas veces escoito falar a xente no bus  dunha maneira de desprezo da política metendo a  todas as persoas que de boa fe traballan polo ben social nunha comunidade no mesmo saco cos profesionais que son electos ou viven dun cargo. E din con certo desprezo:  ese éche un político. Hai uns días, con isto da campaña electoral,  veume  á memoria as idas e voltas que dá a historia que imos tecendo como sociedade. E lembro cantidade de feitos e acontecementos  que me chocan moito. Si falamos da emigración moitos din: hai que botar fora a estes que hoxe viñeron  doutros lugares. Pola contra esquecen que milleiros de galegos fuxiron ou marcharon desta terra, uns por sentírense perseguidos e outros porque eiquí pasábase fame. Polo que pregunto: pra  que vale a política: pois a  política, ademais de ser  toda acción humana que afecta a unha sociedade e a todos os que habitamos neste mundo, serve pra mellorar a vida dos cidadáns.  Ou sexa: que dende a acción humana máis pequena ate a decisión que afecta a milleiros de persoas,  as  consecuencia aféctannos a todos. Polo que falar da política con certo desprezo é un erro monumental. Outra cousa son as persoas que onte, hoxe ou mañá están no candeleiro da política. Pois  pode que uns conten trolas, outros que metan a man no saco común,  e outros que embauquen á xente con milongas que repiten ate convertelas  en verdades. Polo  que remítome ó que dixen ó comenzo, que non coñece o pasado cae nas redes da desinformación e valida  mentiras pensado que son verdades. Hai uns días nun debate a dous, un candidato contou moitas mentiras. E houbo xente que creu que eran verdades. Mais unha cousa debe quedar moi clara: a política é necesaria, aínda que saibamos  que hai políticos que traballan polo colectivo, e outros  que soamente van o seu. E como   todos temos ó dereito a exercer  o noso voto, teremos que facelo  con coñecemento e responsabilidade, sempre tratando de mellorar a vida en común.  Polo que precisamos avanzar e non camiñar para atrás. Dado que debemos saber que, nas sociedades onde non hai ruptura social, e os cidadáns poden  vivir con dignidade tendo  asegurados os servizos públicos básicos, non se dan as revolucións sociais. Pola contra, si acontece  que a  diferencia de clases é moi grande, aparece a ruptura social  e un enfrontamento revolucionario. Asi que, ollo ó dito: non camiñemos cara atrás crendo en falsos apóstolos que hoxe falan de liberdade e ameazan con  recortar os servizos públicos que tanto  nos  custou acadar.


OS MELLORES ESTABLECEMENTOS



Outros artigos de Manuel Herminio Iglesias

Manuel Herminio: “Traballadores  e tamén  consumidores”

Manuel Herminio: “Cara unha sociedade multirracial”

Manuel Herminio: “Unha nova inquisición”

Manuel Herminio: “A lei do oeste”

Manuel Herminio: “Odio no ollar e no falar”

Manuel Herminio: “Unha esmola prós “chinitos””

Manuel Herminio: “Tempo de berros e insultos”

Manuel Herminio: “O Poder das redes sociais”

Manuel Herminio: “Inimigos ou irmáns?”

Manuel Herminio: “A egolatría e o servilismo”

Manuel Herminio: “Aldama:  un modelo  de que?”

Manuel Herminio: “A mensaxe de León XIV e os riscos da I.A.”

Manuel Herminio: “Unha lección de humanidade”

Manuel Herminio: “A velocidade nas nosas vidas”

A opinión de Manuel Herminio: “Raigame: algo máis que  unha romaría”

A opinión de Manuel Herminio: “A manipulación  das masas”

A opinión de Manuel Herminio: “Hai 50 anos e pico…”

A opinión de Manuel Herminio: “Adeus a Revolución Cubana”

A opinión de Manuel Herminio: “Patriotas de bandeira”

A opinión de Manuel Herminio: “Cuba na encrucillada”

A opinión de Manuel Herminio: “Quixemos cambiar o mundo…”

A opinión de Manuel Herminio: “O mundo ten alzheimer?”

A opinión de Manuel Herminio: “A faciana agochada dos deuses”

A opinión de Manuel Herminio: “A lei do máis forte”

A opinión de Manuel Herminio: “A velocidade como meta”

A opinión de Manuel Herminio: “Ás portas do Nadal lembrando a Marcos”

Venres negro

Frases  con moita retranca

A lei do péndulo

Seica mentir  non é delito

Non chove auga…

Camiñar na ambigüedade

Agochar o que non gusta da historia

Arredor dos incendios

O rei do mundo

Licenciado pola universidade da vida

A deshumanización da sociedade

Unha parte non é o  todo

Tiranos con facha de demócratas

Españoles decentes

Pode arredarse  música  e cultura da política?

Mover ficha

Falar coas máquinas

Nas mans de ególatras e imperialistas

O mundo ó revés

A guerra como negocio

Soamente unha visión: a  económica

Aumentar o espazo vital

Venezuela

Tempo de Nadal

Atados á Utopía

Ourense e a enerxía eléctrica

Cuniupuyara

O insulto no canto do argumento

Os Bacelos de Prata 2024

Vivir no Rural

Catalunya: Un tempo novo

Algo cheira a podre

Pasarse de voltas

Tempo de charlatáns e predicadores

Haberá moción de censura?

As recetas da motoserra

Adeus á independencia

Non todo vale pra acadar o poder

A noria do tempo

Ditadores coa faciana de demócratas

Amarrado polos ovos

Unha cantiga sin alma

A opinión de Manuel Herminio: “Enfurruñados ou riquiños”

Quen fala dos problemas desta terra?

Asaltar o ceo contra o pracmatismo

Volve o tempo das promesas

Aquelas pequenas cousas

A fantasía e o consumismo no Nadal

Feijoo e as maiorías absolutas

Tempo de Magostos

Coidado cos salvapatrias

Descoñecen o que berran e chantean?

Achegarse á España real

Lavándolle a faciana a extrema dereita

A Resaca Electoral

O puzle ourensán

Música de calidade

As licencias dos quen mandan

Pacto cós ourensás

Moita enerxía sen rentabilidade

Xente sinxela

Os que pasan á historia

A Aposta Galeguista

Fun cantando

Nin Música nin Letra

Un home feito de cartos

Tempo de lecer e refexión.

As leiras a ermo

A longa sombra da corrupción

Erro Histórico

Llegó la mami….

Un crego de parroquia

Ourense: Sen obxectivos nin proxectos

e Ourense, existe?

O Nadal da Saudade

Unha area no zapato

Serrat e os cantautores

As incertezas na aldea global

Ourense, por riba das ideoloxías

O importante é a pasta

Sos Ourense!!!

Ourense cara un ermo cultural

Vandalismo, botellóns e desleixo

Na procura da felicidade

Dúas maneiras de actuar na política

Tinte galeguista

Abrindo un novo camiño

Lembrades a democracia organica?

Actuar en manada

Os refráns na política

As miserias na política

De xeonllos e pedindo perdón

Culturetas de ….

Arroutadas

PUBLICIDADE---------------------------------------------------------------------------------------------------